[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Culleredo insiste na necesidade de retomar a actividade municipal presencialmente
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Culleredo insta ó Goberno do Concello a que, o máis axiña posible, poña en funcionamento as reunións e comisión dos órganos colexiados de maneira presencial. O grupo municipal de Alternativa considera que urxe recuperar a normalidade e desenvolvemento da vida municipal.
“Como representantes municipais, elixidos polos cidadáns de Culleredo, temos que transmitir confianza e responsabilidade, sempre amparándonos nas ordes en materia sanitaria do Ministerio de Sanidade e do Goberno central. Que mellor maneira a través dun pleno presencial, no que se poda colaborar e debater co Goberno municipal todas as melloras que temos que afrontar todos, antes e despois desta emerxencia sanitaria.”, dixo o voceiro municipal de Alternativa Eduardo Mourelle.
O Concello de Culleredo dispón de espazos para realizar reunións presenciais cumprindo con todas as normas de protección e seguridade determinadas polas autoridades sanitarias.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]