Alternativa de Culleredo solicita información sobre o estado das axudas para autónomos
Colectivos de empresarios e autónomos de Culleredo manifestaron a Alternativa dos Veciños o seu descontento porque continúan a esperar polas axudas do plan de rescate PEL reactiva da Deputación da Coruña.
Alternativa trasladou na sesión plenaria municipal as queixas deste colectivo dando voz á difícil situación que están a afrontar coas consecuencias da crise sanitaria e o enfado porque as axudas prometidas non chegan. Alternativa dos Veciños esixe que se informe ao colectivo afectado cando chegarán e que se dean explicacións sobre o retraso da chegada destas axudas.