cull-marz

Alternativa de Culleredo insiste en que é necesario desbloquear xa o Plan Xeral

Resulta indignante e ata sospeitoso que un municipio tan importante e con tanta presión urbanística como Culleredo non dispoña a día de hoxe dun Plan Xeral de ordenación urbana, o documento máis importante para un concello que forma parte dunha área metropolitana tan dinámica e rexistra un constante crecemento. Nalgún momento o alcalde terá que dar explicacións sobre o seu bloqueo, xa que estaba inicialmente aprobado en 2013 e en 2018, ano desde o que dorme un profundo sono nun caixón municipal.

A situación resulta inexplicable, de non ser que haxa algunha razón inconfesable pola que a alguén lle interese que o Plan siga no seu profundo letargo. Aínda que existe unha Comisión para o estudo do Plan Xeral, o alcalde nunca a convocou, e os partidos presentes na Corporación agardan explicacións convincentes. Habitualmente utiliza a escusa de que falta persoal, cando este podía estar de sobra contratado hai anos, co que non resulta crible.

O caso do Plan Xeral de Culleredo é completamente irregular, e quen máis quen menos pode imaxinar que exista interese de alguén en que o documento se demore tanto.

Novas relacionadas