23-2-21 culleredo (1)

Alternativa de Culleredo esixe melloras no Rego de Castro

Alternativa dos Veciños de Culleredo solicitará no próximo pleno municipal a limpeza e arranxo das marxes e as proteccións que existen no Rego de Castro, así como o muro de formigón na zona do cruceiro de A Laxe. A solución pasaría pola construción do “Paseo Fluvial do Rego de Castro”, unha das numerosas promesas que o Goberno municipal ten pendente de cumprir coa veciñanza.

O actual abandono e descoido do Rego impide o paso entre a rúa Nabás e rúa Alcalde Lastres Abente. Ademais, o estado da zona tamén é lamentable na zona do cruceiro.

Alternativa esixe que, mentres non se fai realidade o “Paseo Fluvial do Rego de Castro”, se tomen as medidas de limpeza e arranxo da zona precisas.

Novas relacionadas