Alternativa novamente solicitou que se tomen medidas para mitigar os problemas de aparcamento, ademais de poñer en marcha solucións para o mal estado das beirarrúas.
Para máis índole, a zona tamén se ve afectada coa problemática municipal co servizo de xardinería e limpeza viaria. Con estas situacións a imaxe xeral do lugar é de abandono.
Por outra branda, coa escaseza de aparcadoiros, urxe avanzar para poñer solucións á situación da contorna do centro de saúde, un problema para as persoas usuarias do centro e un colapso diario da zona residencial.
Thais Palla manifestou que esta desatención da contorna afecta a veciños e veciñas dende hai tempo e, que é hora de atallar as problemáticas actuais para que non vaian a máis.