O Concello de Culleredo impide aos afectados pola huella sonora acceder á oficina de Alternativa

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Culleredo impide aos afectados pola huella sonora acceder á oficina de Alternativa

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Culleredo denuncia que se lles está a impedir o paso ás persoas afectadas pola huella sonora do aeroporto que queren acudir á oficina que Alternativa dos Veciños ten na Casa do Concello por non ter cita previa. Alternativa está a facerlle as alegacións a todas as persoas que o solicitan.

Esta situación é inadmisible xa que as administracións públicas están para servir e atender aos cidadáns, non para permanecer pechadas. Malia isto, todos aqueles veciños e veciñas que queiran presentar alegacións á huella sonora polos prexuízos causados nas súas propiedades poden dirixirse a Alternativa de Culleredo chamando ao 981677960 ou enviando un correo a culleredo@alternativadosvecinos.org. Serán atendidos presencialmente e recibirán toda axuda que precisen para presentar as alegacións ante a Dirección Xeral de aviación civil antes do 4 de decembro, cando finaliza o prazo. As zonas máis afectadas son Tarrío, Fontemaior, Hermida, A Choeira, Ombre, O Burgo, Acea de Ama, Alvedro, Liñares, Carcabelos e A Marisqueira.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!