pleno700x400

Alternativa de Culleredo critica a vergoñenta suspensión do pleno municipal

O Pleno Municipal Ordinario do mes de Abril estaba previsto realizalo por medios telemáticos. Despois de varios intentos, a secretaria accidental, decidiu suspender este pleno, por non poder comprobar se estaban presentes varios concelleiros e concelleiras, por fallos da imaxe.

“Cal pode ser o interese deste goberno en celebrar os plenos municipais por vía telemática, negándose a que se celebren de forma presencial?”, comentou o voceiro municipal de Alternativa Eduardo Mourelle. Alternativa dos Veciños de Culleredo reitera que con esta actitude, non só se lle nega a voz á oposición do concello, senón tamén á veciñanza do municipio.

Novas relacionadas