Alternativa de Culleredo critica a demagoxia do alcalde

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Culleredo critica a demagoxia do alcalde

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O alcalde de Culleredo afirma que a pegada sonora non alterará os dereitos dos propietarios das vivendas e propiedades afectadas e que non quedarán fóra de ordenación, cando o Concello reclama na súa alegación que se contemplen as indemnizacións para os afectados. Afecta ou non afecta? Por que está pedindo entón que se indemnice aos veciños afectados?

Tampouco se pode dicir que o novo plan de urbanismo, que nunca dan sacado, vai arranxar e modificar a pegada sonora, porque non é verdade. As directrices do ministerio respecto ao aeroporto están por encima dos planeamentos urbanísticos.

O plan actual de Culleredo está obsoleto. Do novo lévase máis de tres lexislaturas falando sen que se leve ao pleno para a súa tramitación e aprobación. Para que o novo Plan poida ser aprobado ten que axustarse ás leis vixentes, pero o documento contén varias irregularidades graves tal e como advertiron os técnicos municipais.

Culleredo precisa un Plan Xeral urxentemente, para o seu futuro desenvolvemento, para a seguridade das construcións que se fagan e para que as empresas non estean en vilo.

 [/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!