Alternativa de Culleredo asesora a todos os afectados pola huella sonora

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Culleredo asesora a todos os afectados pola huella sonora

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Culleredo terá aberta a súa oficina na Casa do Concello, en horario de 11 a 13 horas e sen cita previa, para que todos aqueles veciños e veciñas do municipio afectados pola huella sonora do aeroporto reciban asesoramento para presentar unha alegación ante os prexuízos causados nas súas propiedades. Alternativa proporcionará toda a axuda necesaria para realizar a correspondente reclamación e demandar medidas compensatorias antes de que finalice o prazo, o vindeiro 4 de decembro, ante a Dirección Xeral de aviación civil do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda urbana.

A huella sonora afecta tanto vivendas como a solares e hipoteca milleiros de propiedades urbanas, ás que se lles van poñer serias restricións e a imposibilidade de construír no futuro. Noutros casos non se prevén medidas correctoras pero si un illamento acústico ou un incremento das medidas de insonorización. No caso de Culleredo as zonas máis afectadas son Tarrío, Fontemaior, Hermida, A Choeira, Ombre, O Burgo, Acea de Ama, Alvedro, Liñares, Carcabelos e A Marisqueira.

Alternativa dos Veciños non está en contra do aeroporto, pero si vai defender as propiedades dos veciños e veciñas de Culleredo. “Imos defender aos veciños e facerlles as alegacións para presentalas ante o Ministerio antes de que finalice o prazo”, comentou o voceiro municipal de Alternativa Eduardo Mourelle.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!