Alternativa de Culleredo apoia as ANPAS nas demandas de mellora no ensino público

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Culleredo apoia as ANPAS nas demandas de mellora no ensino público

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Todos os meses de setembro, co inicio do curso escolar, no Concello de Culleredo sempre teñen que ser as familias as que pelexen e demanden un ensino de calidade para os seus fillos e fillas. Alternativa dos Veciños solicita que desde o Goberno municipal se esixa á Consellería de Educación que tome as medidas necesarias para dar resposta a estas demandas de forma urxente, cunha solución real, para acabar dunha vez por todas coa problemática existente.

Como ven sendo xa tradición, desde a Consellería de Educación, comeza un curso máis recortando persoal esencial, para garantir unha educación pública de calidade. En concreto, estes recortes afectan a PT (pedagoxía terapéutica) e AL (audición e linguaxe), tan imprescindibles para garantir unha educación en igualdade de condicións e inclusiva.

“Culleredo ten a concelleira do “yo eso no lo se”, resposta que ofrece a anpas, familias, consellos escolares, ante as demandas que se lle presentan. Igual que o seu alcalde, aparece só para a foto”, comentou o voceiro municipal de Alternativa Eduardo Mourelle.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!