Alternativa de Cangas toma moi en serio a negociación dos orzamentos municipais

O Goberno Municipal debera ser máis áxil na negociación orzamentaria

O pasado día 20 de marzo reunímonos por primeria vez coa concelleira de Facenda para tratar os orzamentos do 2024. Nesta reunión a concelleira nos recoñece que o borrador de orzamentos que nos traslada non é o documento co que están a traballar e que aínda non fixera a negociación colectiva cos traballadores.

Por iso:

  • – Preguntamos sobre si a privatización do socorrismo é real e a súa resposta é si , escudándose na reforma laboral.
  • – Preguntamos polo fomento de emprego da liña do plan concellos e tamén nos comunica que tampouco a van a pedir.
  • – Preguntamos porqué desaparece a partida de incendios e nos dín que é que se está a plantexar un Convenio con Seaga.
  • – Solicitamos cal era a proposta para o Plan +Provincia do 2024 e respostounos que o descoñecía, pero que se nos pasaría.
  • – Cales eran as inversión existentes no borrador do orzamento, e comentounos que llas pediría ao diferentes concelleiros para que llas trasladaran.

Por todo elo, lle respostamos que as privatizacións dos diferentes servizos facíannos mudar as nosas demandas, privatización que pola conta non se constatan nos orzamentos que nos entregaron. Polo que deixamos pendente de marcar a seguinte reunión pendentes de que se nos fixera chegar, por email para facelo máis dinámico o último borrador de orzamentos, o plan + provincia, que nos fixera chegar a relación dos investimentos, e os gastos de Sogama, comedores escolares, balizamento, SAF, Limpeza de praias e que supervisaran ben as revalorizacións dos salarios pois as cuantías bailaban.

É a mesma concelleira na que nun email do pasado día 02.04.2024 cando se nos fai chegar un listado de inversión e a foto dos gastos de sogama, con respecto ao resto de licitacións nos pide que o solicitemos nós por rexistro de entrada. E do último borrador e o Plan + provincia nada ata hoxe día 11.04.2024.

Entendemos que nunha negociación para ser dináminos é facil enviar no email as cuantias polas que se licitaron todos os servizos sin necesidade que o partido da oposición que non é o que ten maior interés por aprobar o orzamento teña que pedir por escrito ditos datos, non o entendemos.

Non nos dan traslado das obras do Plan +Provincia cando xa rematou o prazo. E no mesmo email se nos indica que sobre outras cuantías tamén lle consta que existen erros, en convenios, gastos…etc pero que queren coñecer a nosa proposta.

CONCLUSIÓNS: E ainda así con todos estes antecedentes se nos tilda de que temos o orzamento baixo o brazo e que non damos resposta nin marcamos reunión, cando resulta que non temos nin o 5% do que solicitamos na reunión coa concelleira e dificilmente podemos facernos unha idea xeral si resulta que o orzamento que temos nas mans nada coincide co que traslada o Goberno aos colectivos nin nos medios de comunicación, que para nada coinciden as cuantías do orzamento que temos co listado de inversión que se nos da traslado e que esas cuantías que se dice que bailan podemos confirmar que superan o 40% do valor total do orzamento.

Por parte de Alternativa estase a tomar moi en serio esta negociación de orzamentos e a nosa proposta será seria e adaptada a realidade, pero queremos exactameente o mesmo por parte do Goberno municipal, pero carecendo de todos os datos e ata o día de hoxe non conseguimos que nos los fixeran chegar.

Ainda así e según a nosa nova supervisión dun orzamento, que por boca da concelleira non é co que están a traballar, e sen definir máis do 50% das partidas, podemos decir que é un orzamento moi verde, que para nada se nos está a trasladar a realidade e donde podemos observar que a prensa di de inversións que non poden realizar por non aprobar orzamentos pero que no borrador de orzamentos que nos trasladan tampouco constan, e según se nos traslada é un orzamentos para pagar facturas pero que tampouco consta o pago de ningunha factura da que quedan por abonar e que son importantísimas como poden ser as da luz do ano 2023 aínda sin o seu recoñecemento extraxudicial.

Igualmente desde Alternativa temos definida a nosa extratexia e o que precisa este concello, e para non volver ter unha reunión que non sexa fructifera, solicitamos se nos marque reunión para a semana entrante , martes ou mércores sobre as 19:30 hs serían os días e horario que nos encaixame a nós, e en dita reunión se nos proporcionen os seguintes datos:

  • 1º – Queremos coñecer cal é a cuantía pola que se vai licitar socorrismo e limpeza de praias.
  • 2º -Si para prevención de incendios se vai conveniar con Seaga, si ten coste algún? Si o ten cal? E cales son as condicións de dito convenio.
  • 3º- Sentenza de Promalar por importe de 501.100 € ( a sentenza é de 1.5 millóns,) polo que queremos coñecer si negociaron un plan de pagos de 500.000 x ano ou que fixeron?
  • 4º.- PXOM sempre constaba 84.494,30 €/ano e pola contra descendeu no borrador a 50.749,38 €. Ademais de que xa pasaron semanas na que Monsa quedara de pasar un novo orzamento para retomar o pxom. Queremos coñecer as cuantías reais.
  • 5º.- Métese no Pepri cuantía para as Vivendas de Nazaret, cando ditas vivendas non forman parte do Pepri nin a súa finalidade é calquera senón uso social polo que non entendemos que fai nesa partida?
  • 6º.- Cementerios: se contratan autónomos pero resulta que se baixa a cuantía polo que non chegaría para cubrir as faltas do sepultureiro existente, con que se lles pode pagar?? Autónomos ou persoal de listas?
  • 7º.- Pagos de Gdr, Galp, Enil , si a debeda soamente do Gdr xa ascendia a máis de 37.000 é imposible que os pagos se poñan o día . Polo que queremos coñecer o gasto real de estes pagos e as débedas a día de hoxe.
  • 8º.- SAF: queremos coñecer a cuantía pola que se vai licitar o SAF. Xa que se pretente aprobar por XGL.
  • 9º.- Obradoiros de Emprego: porque se baixa a cuantía de investimentos para ditos obradoiros
  • 10º.- Porque descende a cuantía en salarios na UAD e en Rais (escolas de pais) non se van a levar a cabo
  • 11º.- Cuantía pola que se adxudicou o contrato de comedores escolares
  • 12º.- Si van continuar os operarios de servizos múltiples dos coles, e como se contratan, xa que os deixaron fora do Plan Concellos e non existen na plantilla do Concello
  • 13º.- Gas e combustibles nas instalación deportivas. O importe que consta no borrador non alcanza nin o 50% do que se abonou no 2023 por ditos consumos, vaise modificar a cuantía
  • 14º.- Cuantia de licitación pola que sae o sistema informatico do concello e que cubriría?.

E sobre todo, reiteramos por terceira vez que se nos envie o último borrador de orzamentos co que se está a traballar pois seguro que si estivera na nosa man, moitas de estas preguntas non serían necesarias. Xa que nada ten que ver o borrador de orzamentos enviado coa relación de investimentos tamén enviada “ AS CUANTÍAS DE AMBOS DOCUMENTOS NON COINCIDEN” e así é difícil poder chegar propostas pechadas e serias. Desde Alternativa si os datos que nos trasladen non difieren moito do que esperamos, e a falta de sorpresas, estamos en posición de dar xa traslado da nosa proposta de orzamentos na mesma reunión.

Comparte esta nova!