Alternativa de Cangas fai as contas que ao goberno local non lle saen

A concelleira de Cultura minte cando di que só existían débedas de 2022

No mes pasado solicitamos o rendemento de Contas do 2023 e a información necesaria para poder votar con responsabilidade a débeda que o Goberno nos presentou.

Tras as declaracións realizadas pola Concelleira de Cultura, Aurora Prieto, que apuntaba que únicamente existían débedas do exercicio 2022, no que Alternativa obstentaba a Alcaldía e a mesma Concelleira a área de Cultura, Turismo e Servizos Públicos temos que saír a indicar que a Concelleira “minte á veciñanza e falta totalmente a verdade” nun tema que ten que ser público, xa que o rendemento de Contas que os políticos temos que realizar é ao pobo e non con mentiras.

Do exercicio 2022 está pendente de pago 114.489,71 € que corresponde as Festas do Cristo do 2022 (67.910,08 €) e facturas de desbroces (46.579,63 €), débedas que corresponden á mesma concelleira , Aurora Prieto. No caso das facturas de desbroces e tal como indica o informe de
intervención “En este caso y respecto de las 20 facturas no hay duda de que los gastos no pueden «ser imputados directamente al presupuesto municipal vigente por haberse realizado sin dotación presupuestaria o insuficiente, y/o prescindiendo total y absolutamente del procedimiento legalmente establecido».

As Facturas das Festas do Cristo do 2022 ascenderon a 196.865,60 € prescindindo total e absolutamente do procedemento legalmente establecido, donde o orzamento contaba con 70.000 €, polo que fixemos fronte ao máximo pago posible, pero tendo que deixar pendente de pago a cuantía de 67.910.08 € por non existir dotación presupuestaria suficiente.

O luns 5 de febrero o Goberno Tripartito nos da traslado das débedas do 2023 por un importe total de 1.306.462,75 €, reiteramos “débeda do 2023 1.3 millóns” onde podemos ver que o gran problema reside en dous grandes bloques, por un lado a débeda de Ibredola por importe de 839.047,66 € e por outro a área de Cultura onde indica que as Festas do Cristo do 2023 costaron neste ano cun orzamento de 132.674 € e o seu coste total real foi de 223.803,21 €, polo que se debe, sumando o ano 2022 a cuantía de 172.830,51 € , e a maiores temos que sumarlle as débedas totais de cultura doutras actividades fora das Festas ( Defensa da Vila e outros festivais) , que incrementan 47.413,57 € a débeda pendente.

A área de cultura ten asignado por orzamento un total de 240.000 € e non soamente se gastou enteira senón que ademais case se duplicou debéndose a friolera de 220.244,08 €, polo que podemos decir que baixo a responsabilidade da mesma concelleira contrataronse servizos que xa
sabía que non ía poder pagar a corto plazo e que soamente ela é a responsable de que ditos acreedores non cobren ,e a mesma que declara aos medios de comunicaicón que soamente existen debedas do 2022.

O rendemento de contas se ten que realizar á veciñanza e o que non imos permitir é que siga mentindo e agardando que dende a oposición votemos a favor de contratacións a dedo e a sabendas que non dispoñía de contía económica para facer o pago, ademáis o propio intervertor
advirte de “asumir responsabilidades legais por contratacións irregulares“ a quen vote a favor do pago destas débedas”.

Comparte esta nova!