Alternativa de Cambre volve solicitar solucións para as fochancas da estrada en Frais
A veciñanza alertou sobre o gran deterioro que presenta unha das fochancas situadas na estrada en Frais no seu cruce con Sobreguexe, na parroquia de Cecebre.
Alternativa volve a insistir na súa demanda (feita xa hai meses) para a veciñanza de esta zona, e tamén esixe coñecer as medidas tomadas dende o goberno municipal para a súa solución.