700x400

Alternativa de Cambre volve denunciar o abandono da finca municipal de Coto

A finca de Coto ou Concheiras atopase novamente invadida pola maleza. Situada en Anceis, trátase dun dos poucos espazos recreativos ao aire libre que a veciñanza de Cambre ten para o seu desfrute.

O pasado ano o goberno tamén esqueceu o mantemento deste espazo municipal, ata que Alternativa o demandou, dando voz á queixas recibidas da veciñanza polo estado de abandono do lugar. E este ano a situación é a mesma.

O resto de propostas feitas dende Alternativa para revalorizar o espazo tampouco foron tidas en conta: un contedor, sinalización e promoción tanto na páxina web como en redes municipais. Algo que esiximos novamente nesta ocasión.

“Este espazo é un claro exemplo do pouco interese que o goberno local pon no rural Cambrés. Se trata dun lugar tranquilo, ideal para o desfrute. Pero o seu estado é sempre deficiente e a promoción que se fai do lugar inexistente”, matiza Raúl Varela.

Novas relacionadas