[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Cambre volve a insistir na deficiente xestión do lixo
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños demandou no mes de decembro que se esixira ao Consorcio das Mariñas a mellora do servizo de recollida de lixo en Cambre, demanda que foi aceptada polo goberno municipal, aínda que a veciñanza segue sen ver solucións ou novidades.
O mal estado dos contedores, a pouca limpeza dos mesmos ou a mala colocación, obstaculizando visión de vehículos e/ou peóns, son algunhas das queixas máis frecuentes dos veciños e veciñas do municipio.
A isto súmase o emprego inadecuado que algunha veciñanza fai do servizo, para o cal tamén a entidade xestora debería de facer campañas de concienciación e información.
Ante a pasividade da denuncia feita en decembro e as numerosas queixas que se continúan a recibir Alternativa de Cambre demandará explicacións sobre cales foron os pasos dados por parte do goberno municipal para solucionar esta problemática.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]