lavadoiro rocon 700x400

Alternativa de Cambre volve a denunciar o abandono de lavadoiros e fontes

Alternativa dos Veciños de Cambre leva meses pedindo solucións ante estas denuncias de abandono que chegan por parte da veciñanza, e o goberno municipal amparase en que se está elaborando un prego para facer ese tipo de servizo, pero mentres nin limpeza, nin mantemento para estes espazos públicos.

O estado destes bens municipais é lamentable en moitos casos, como o lavadoiro do Rocón ou a fonte de Cela, e noutros presentan deficiencias moi mellorables como por exemplo o de Meixigo, Bribes ou o de Balado(Cambre). É unha constante que se repite tanto nas parroquias máis rurais como nas urbanas.

Terá a veciñanza que esperar a que se remate a redacción do prego, que este se licite e despois que se resolva para que o goberno municipal faga algo por estes espazos públicos?

Novas relacionadas