Alternativa de Cambre denuncia outra posible vertedura ao río Mero
Alternativa volveu contactar no día de onte coa concelleira de Medio Ambiente para esixir novamente unha nova revisión e análise doutros lodos na contorna do río Mero, que neste caso presentan un cheiro fedorento.
Este é o segundo aviso do tipo en apenas 20 días, neste caso a vertedura sitúase na contorna da planta da Telva e EMALCSA fíxose eco hoxe tamén da situación. A Concellería de Medioambiente non volveu contactar con este grupo municipal para facilitar información sobre como avanza o tema.
“Parece que este Goberno municipal que se anuncia como gran defensor do medio ambiente só o fai para á foto, pero non manchan os pés para supervisar como está o patrimonio natural da vila”, afirma Raúl Varela voceiro do grupo municipal Alternativa dos Veciños de Cambre.