faucet-4756043_1920

Alternativa de Cambre traslada as queixas veciñais sobre a turbidez da auga

Alternativa trasladou ao Concello de Cambre as numerosas queixas recibidas pola turbidez da auga estes días en diversos núcleos do municipio.

Dende as zonas máis urbanas como Cambre, Barcala e Temple ata as rurais como Cecebre están a sufrir un abastecemento de auga precario nestes últimos días. Veciños e veciñas achegaron a Alternativa a súa preocupación pola nula información por parte do concello sobre o episodio de turbidez, que está a xerar un gasto engadido para as familias (entre a auga que se tira e a embotellada que teñen que comprar).

Novas relacionadas