Alternativa de Cambre esixe solucións ante a inseguridade viaria existente no cruce do paseo fluvial coa AC-214
Alternativa dos Veciños esixirá no pleno municipal de Cambre o arranxo para a situación que se vive diariamente no paseo fluvial á altura do Caneiro/Mesón Vasco. A veciñanza demanda unha solución ante a inseguridade que supón este paso sobre a estrada, sendo cruzada por moitas as persoas que disfrutan do paseo fluvial en bicicleta ou a pé, sen que exista un paso de peóns, bandas redutoras de velocidade ou sinalización do pase continuo de persoas.