[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Cambre solicita solucións para o vertedoiro na rúa dos Muiños
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
A veciñanza da rúa dos Muiños vive nun malestar debido á presencia dun vertedoiro na zona do barrio que linda coa autopista.
A realidade é que ningunha administración fixo nada para frear o crecemento deste vertedoiro incontrolado e, actualmente, é a veciñanza está a sufrir o malestar de velo crecer dende as ventás dos seus fogares.
Un foco de insalubridade, con residuos sólidos urbanos de diversa índole, así como presencia de ratas, entre outras consecuencias.
O Concello de Cambre solicitou a titularidade do terreo afectado ao Ministerio de Fomento recentemente, pero, mentres, se espera. Sen facer nada a pesar da situación de incomodidade que supón para os veciños e as veciñas dos Muiños.
Alternativa dos Veciños de Cambre lamenta que dende o goberno municipal, que tanto alarde fai sobre as súas políticas medio ambientais e sociais, non tome cartas no asunto. Motivo polo que solicita medidas para á eliminación deste vertedoiro.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]