Alternativa de Cambre solicita melloras e limpeza para as beirarrúas da Arrigada
Veciños e veciñas da Arrigada deron traslado a Alternativa do deterioro e pouca limpeza nas beirarrúas da rúa Canteira e rúa Arrigada, así como na carreteira da Estación.
Alternativa demanda melloras para restablecer o estado destas beirarrúas e, no caso das situadas na carreteira da Estación, solicitar á Administración competente as reparacións precisas. Tamén limpeza xa que hai tramos nos que a maleza invade case a totalidade das beirarrúas impedindo o paso.
A zona é diariamente transitada por peóns de todo o municipio, que empregan de paso a urbanización para acceder ao paseo fluvial do río Mero e outras zonas de paseo habituais entre veciñanza de Cambre, pero tamén doutras localidades.