Alternativa de Cambre solicita maior seguridade viaria no centro de Andeiro
Alternativa dos Veciños de Cambre solicita medidas para incrementar a visibilidade na intersección situada en Andeiro entre a arteria principal da parroquia (DP-1708) e a rúa Torre.
A incorporación dende a rúa Torre á estrada xeral resulta perigosa para os vehículos ao non ter a visibilidade suficiente, provocando a invasión da vía principal para a realización da manobra.
Segundo informan varios veciños e veciñas a este grupo municipal tamén é habitual a circulación de vehículos a altas velocidades na vía principal o que suma máis riscos para este cruce.