wood-4431218_1280

Alternativa de Cambre solicita maior seguimento das talas de madeira

A veciñanza que vive no rural vese afectada polos inconvenientes que se provocan algunhas empresas madeireiras na realización das talas, xa que non en todos os casos deixan o entorno como se debería.

Escoramentos de terras, desfeitas nos camiños, déixanse os restos de pelar a madeira e rastroxos (aumentando o perigo de incendios segundo a época) ou a mala sinalización.

Estas son algunhas das queixas que a veciñanza transmitiu en numerosas ocasións ao grupo municipal de Alternativa dos Veciños de Cambre. Tamén dúbidas ante as talas de certas especies autóctonas lonxevas de determinadas zonas é posible.

É responsabilidade municipal o control e garantía de que se cumpran todas as medidas pertinentes marcadas na lei. Un maior control e seguimento deste tipo de actuacións frearía tal situación existente, que é algo que se repite bastante a miúdo. Polo que solicitarase ao goberno municipal en comisións informativas un control máis exhaustivo.

Novas relacionadas