Alternativa de Cambre solicita limpeza para a fonte de Santo Antonio
A fonte precisa dunha limpeza urxente debido ao perigo de esvarar polo verdello presente no firme que rodea a fonte. Está situada en Anceis se atopa en pleno Camiño de Santiago.
Veciños e veciñas da zona trasladaron a queixa ao grupo municipal Alternativa dos Veciños de Cambre que se achegaron para ver “insitu” a situación de esta parte do patrimonio municipal, que este ano gana relevancia polo ano santo.
“Puidemos ver que, neste caso, o estado dun dos fitos do camiño en Cambre non é excelente, a pesar de que o goberno municipal fala do extraordinario impulso que se está a dar este ano, “afirma Raúl Varela, voceiro da Alternativa en Cambre.