Alternativa de Cambre solicita información sobre o Plan de Transporte no municipio

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Cambre solicita información sobre o Plan de Transporte no municipio

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños solicitou información ao Goberno Municipal sobre o novo Plan de Transporte da Xunta de Galicia. A información proporcionada desde o Concello de Cambre deixa abertas certas dúbidas e incongruencias.

Na páxina web do Concello, o artigo informativo publicado recentemente dá a entender que se alcanzou un bo resultado sobre as alegacións que foran presentadas no pasado mes de Agosto. Pero a maioría das novidades non se corresponden (na súa maioría) coas publicadas neste mesmo medio no mes de Agosto. Outros medios de comunicación publican que se intentará un novo achegamento coa Xunta para tratar as alegacións propostas as que non se lles deu solución para a veciñanza cambresa.

Alternativa dos Veciños desexa que se aclare cales foron as alegacións propostas e cales se recolleron no novo Plan, para valorar o éxito do novo plan ou demandar novas melloras para dispoñer dun servizo de transporte público digno.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!