Diseño sin título (1)

Alternativa de Cambre solicita alumeado para o parque da Igrexa

A zona nova do Parque da Igrexa de Santa María de Cambre tan promocionada dende o goberno municipal sen alumeado público dende hai meses.

Veciños e veciñas achegaron esta situación a Alternativa dos Veciños de Cambre explicando que o acceso ao parque por enfronte da Praza Monasterio, a cal se trata dunha zona moi transitada posto que resulta moi céntrica non conta con iluminación. Neste punto tamén resulta sinxelo escorregar (posto que o solo é de herba) e a situación de non ter alumeado non axuda nada.

Por iso, Alternativa demandou ao Concello de Cambre medidas para dar solución á falta de iluminación do parque máis céntrico e transitado da vila cambresa.

Novas relacionadas