Alternativa de Cambre solicita a mellora do asfaltado en Santa María de Vigo
Na parroquia de Santa María de Vigo existen varios puntos nos que o asfalto da carreteira está moi deteriorado, afectando aos veciños e as veciñas residentes nas zonas do Longueiral, San Roque e A Mosca, e tamén no acceso á pista deportiva municipal, Centro Social e Parque infantil.
Veciñanza da parroquia trasladou a este grupo municipal que algunhas das incidencias estaban avisadas no Concello, pero que ninguén pasou por alí a solucionalo. E, como é habitual nestes casos, o deterioro co paso do tempo vai a mais.
Alternativa demandou solucións para estas zonas, situadas en vías municipais, nos que os danos son máis graves, para evitar que vaian a peor.