70400

Alternativa de Cambre require o mantemento en varias vías de Sigrás de Abaixo

O deterioro do asfaltado está a afectar concretamente as rúas de Pontido, Pite e O Vilar, zona que fai linde co Concello de Culleredo.

O asfaltado nestas rúas presenta fochancas, afundimento do firme en diversos puntos e nacemento de herbas.

A veciñanza trasladou a Alternativa estas incidencias e a súa insatisfacción coa pouca atención que reciben dende o Concello.

Novas relacionadas