[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Cambre recorrerá a decisión da Xunta sobre a recalificación de solo do Graxal
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
A lei do solo de Galicia establece que non é posible recalificar solo baseándose en normas subsidiarias e que tan só está permitido facelo mediante a aprobación dun Plan Xeral. Polo tanto, que a Xunta lle dea o visto bo ao pelotazo urbanístico que se pretende dar no Graxal non significa que esa actuación sexa legal nin correcta, polo que Alternativa dos Veciños presentará o correspondente recurso xudicial.
Ademais da vulneración da normativa, esta actuación non é o que precisa a veciñanza do Temple, nin tampouco o comercio local da zona. “Esta situación tradúcese na realidade do urbano de Cambre, máis tráfico sen solucións, máis contaminación, máis densidade de poboación e servizos mediocres. Mentres no rural a veciñanza coas súas fincas paradas esperando un prometido Plan Xeral”, matiza Raúl Varela, voceiro de Alternativa de Cambre.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]