Alternativa de Cambre recolle o descontento ante as obras de O Temple, Barcala e Cambre

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Cambre recolle o descontento ante as obras de O Temple, Barcala e Cambre

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

As queixas da veciñanza sobre a reordenación e as actuacións “cementísticas” levadas a cabo en O Temple, Cambre e Barcala son caladas e non recollidas por parte do goberno municipal, que solo parece atender os afagos.

Nas actuacións do Temple non hai o aumento de aparcadoiros prometido. Ademais de que hai defectos de execución, os acabados empregados non parecen de boa calidade, tamén se atopan deficiencias nos remates con portais e ramplas de garaxes xa existentes. O deseño escollido para esta humanización tampouco parece o máis oportuno, cando o cemento substitúe zonas axardinadas, como se pode comprobar no parque Ramón Barba.

Na praza 1º de Maio da Barcala tamén impera o gris do cemento e tras unha xestión irregular, dende a planificación ata a súa execución.

En Cambre tampouco se pode aplaudir que a Casa da Cultura continúa pechada e coa contorna sen urbanizar. Tampouco que na praza Balado o céspede artificial substitúe ao natural, nin que os remates de obra non son moi satisfactorios.

As tres zonas tamén presentan traballos por concluír, poñendo o exemplo da Wifi pública prometida na rúa Estanque (O Temple), as xardineiras da Praza 1 de maio ou unha solución definitiva para o desprendemento continuo do céspede artificial na praza de Balado.

Alternativa dos Veciños de Cambre non pon en dúbida a necesidade da rexeneración urbana, pero como moitos/as veciños/as non creemos que as solucións propostas, de dous millóns de euros, a base de cemento sexan as que a veciñanza precisa para mellorar a súa calidade de vida.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!