gimn bcl

Alternativa de Cambre reclama que se informe á cidadanía sobre o peche do Complexo Deportivo Municipal da Barcala

A instalación leva pechada dende as últimas medidas restritivas sen que o Concello de explicacións as persoas usuarias. Cando dende a Xunta xa se notificou fai semanas a posibilidade de que este tipo de instalacións volvan a funcionar.

A información que chega cando se chama ao Concello de Cambre e que – Á empresa xa se lle foi notificado que teñen que abrir-. Aínda que non dan maior información que isto.

Outra vez o concello de Cambre queda na cola dos servizos municipais para a veciñanza. Cando nos concellos da contorna as instalacións deportivas levan semanas funcionando, ao igual que as instalacións privadas. No concello de Cambre permanecen pechadas e a veciñanza sen o servizo municipal.

Ante esta falta de información Alternativa o pasado luns presentou por escrito a demanda de tratar en comisións informativas a motivación do peche, esixindo que se informe á veciñanza e a persoas usuarias.

 

Novas relacionadas