A veciñanza propón ideas para amenizar o confinamento

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A veciñanza propón ideas para amenizar o confinamento

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños de Cambre facilitou ao Concello os primeiros froitos da iniciativa “Banco de Alternativas Veciñais”, propoñendo ideas para colaborar co traballo que se está a facer dende o Concello.

Entre outras alternativas, a veciñanza propón que un monitor de tempo libre se traslade polas parroquias facendo xogos para os máis pequenos desde a rúa, un torneo en liña de fútbol ou unha gala en liña para poñer cara ás persoas que amenizan musicalmente desde as súas fiestras.

Desde Alternativa dos Veciños propoñemos un programa de actividades en liña especial para a Semana Santa (festival musical en liña, xincanas, retos…), voluntariado de apoio escolar en liña. E para poder ser empregado o finalizar o confinamento un Banco de Tempo, que se trata dunha plataforma na que se crea un sistema de intercambio de servizos a cambio de tempo. ( Por exemplo, unha hora de limpeza doméstica a cambio dunha hora de clases de inglés).

Tamén recollemos diferentes ideas para que a veciñanza lle chegue a información municipal, pensando, sobre todo, para os que non acceden a internet.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!