WhatsApp Image 2021-05-28 at 12.03.09 700x400

Alternativa de Cambre pide solucións para dar accesibilidade á un tramo de beirarrúa no Paseo Marítimo

O tramo da beirarrúa vese afectado diariamente polos vehículos que aparcan invadindo a mesma, xerando un problema de accesibilidade, que traslada ás persoas transeúntes á estrada. Alternativa propón a instalación de “topes de parking delimitadores de solo”, evitando así o problema sen restar prazas de aparcadoiros tan escasas nesta zona do Temple.

Esta beirarrúa da acceso a diferentes locais comerciais, e as persoas que circulan pola mesma ou queren acceder a ditos locais vense afectadas. “Chegase a facer inaccesible a entrada aos locais por parte de persoas que acoden, por exemplo, cun carriño dun neno ou que contan con limitacións na súa mobilidade”, matiza Raúl Varela voceiro de Alternativa dos Veciños de Cambre.

Novas relacionadas