Alternativa de Cambre pide maior formación dixital para a veciñanza cambresa
A situación actual está a poñer en alza os procedementos para a administración telemáticamente, algo que para moitas persoas é, máis que unha axuda, unha barreira. Polo que Alternativa de Cambre demandou medidas para achegar este tipo de procedementos á veciñanza e o goberno municipal se comprometeu a realizalas.
Este tipo de procedementos resultan moi eficaces, si se saben empregar correctamente, pero tamén si se conta cos medios para facelo. Ademais aforran a situación das citas previas que, neste momento, está a obstaculizar os servizos públicos aos cidadáns.
E por isto, que dende Alternativa demandamos actividades de formación para a veciñanza en xeral. E tamén poñer diferentes medidas para facer máis sinxelos estes trámites en liña cada día máis necesarios. As demandas que foron recollidas polo goberno municipal nas comisións informativas do pasado xoves.