Alternativa pide explicacións sobre os custos do recurso contra a anulación do inspector xefe da policía local

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa pide explicacións sobre os custos do recurso contra a anulación do inspector xefe da policía local

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Ante o anuncio da posibilidade de presentar un recurso contra a revocación do xulgado Contencioso- Administrativo número 3 de A Coruña, que anula o nomeamento (a dedo) do actual inspector xefe da Policía Local, Alternativa dos Veciños de Cambre esixe explicacións sobre os posibles custos do recurso.

Tanto este grupo municipal, como o resto dos grupos da oposición, sindicatos e traballadores do departamento da policía local de Cambre advertiron no seu momento que as bases para o nomeamento a dedo do inspector xefe non se axustaban ás leis e que o posto non estaba contemplado na relación de postos de traballo do Concello de Cambre.

Ante a resolución do xulgado o Goberno municipal botou a culpabilidade ao técnico municipal que ocupa o posto de Xefe de Urbanismo e Réxime Interno, non sendo a primeira vez que as imposicións políticas terminan en consecuencias para persoal municipal ou asociacións veciñais, buscando a súa impunidade.

Agora anuncian a posibilidade de presentar un recurso de apelación e este grupo municipal esixe coñecer os custes que vai entrañar para o Concello esta nova loita xudicial. Tamén as consecuencias para o Departamento de Seguridade Cidadá.

“O que non pode ser é que Unión por Cambre, en sumiso apoio do PSOE, empregue os cartos da veciñanza para solucionar as liortas da súa mala xestión. Utilizan os cartos como seus, non para intereses veciñais.”, afirma Raúl Varela, voceiro da Alternativa en Cambre.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!