700x400

Alternativa de Cambre percorre as instalacións deportivas municipais

Alternativa de Cambre, como parte das súas visitas polas parroquias, está a facer inspección nas instalacións deportivas có asesoramento dun técnico deportivo.

En cada visita ás diferentes parroquias atopase a realidade de que veciños e veciñas que denuncian o estado das instalacións deportivas. Tamén porque se tratan dos poucos servizos dos que está a “desfrutar” a mocidade.

Alternativa xa solicitou no seu día que nin a páxina web non recolle información útil para as persoas que se achegan a Cambre dos servizos de instalacións deportivas do municipio. Tamén xa foron esixidas, nalgunhas delas, melloras tras recoller o malestar da veciñanza.

– A idea é seguir aportando propostas para que mellorar este servizo veciñal- afirma Raúl Varela, portavoz e concelleiro de Alternativa en Cambre.

Novas relacionadas