[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Cambre non aproba ás maniobras do goberno cambrés coa Vía Ártabra
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O goberno municipal continúa a antepoñer os intereses dalgúns membros do Goberno ao desenrolo dunha importante infraestructura como é a Vía Ártabra.
O argumento do goberno liderado por Oscar Patiño se fractura: Despois de loitar incansablemente polo humidal da Gándara, agora que a Xunta recolle as inquietudes do Concello Cambrés, continúan intentando frear a actuación.
Cando en Cambre impón unha política urbanística baseada en modificacións con certa “irregularidade” dunha normativa obsoleta, favorecendo a especulación e o cemento, en vez de empuxar por un Plan Xeral de urbanismo. Plan Xeral freado, entre un cento de incompetencias máis, por non reflexar o trazado da Ártabra aprobado e que se está a executar.
O goberno municipal demostra con estas manobras que traballa para o beneficio duns poucos/as. Apoiado por unha asociación creada por eles mesmos, concretamente, polo concelleiro de urbanismo (Unha das persoas afectadas polo trazado).
Alternativa pide que esta mesma insistencia e teima a deberían aplicar en impulsar o Plan Xeral, que xunto a estes desenvolvementos de infraestrutura tradúcese en futuro para Cambre.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]