[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Cambre leva a pleno a selección a dedo do inspector-xefe da policía local
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa levará á sesión plenaria de hoxe a demanda de facer promoción interna na convocatoria, do posto de inspector-xefe, actualmente por libre designación. Así mesmo presentou hoxe un recurso de reposición en contra das bases de esta convocatoria.
O posto non está contemplado na relación de postos de traballo, tampouco nos orzamentos anuais, o cal é obrigatorio para facer unha convocatoria deste tipo.
Súmase que non se pode cubrir o posto de inspector, vacante na actualidade, cunha persoa escollida a dedo dende a alcaldía, que é o que parece se está a pretender con este proceso. Xa que o posto de inspector non é un posto de confianza, senón que é obrigatorio, pola lei de coordinación de policía local. Polo que a selección debería consistir nunha promoción interna e non nunha selección a dedo.
“A nefasta xestión política do persoal do Concello está a reflectir directamente nos servizos que reciben os veciños e veciñas. Xa que este é un exemplo máis das políticas de persoal que aplica este goberno”, afirma Raúl Varela, voceiro e Concelleiro do grupo municipal en Cambre.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]