[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Cambre lamenta que o Goberno municipal siga a enganar aos veciños mediante a celebración de asembleas, igual que fixeron hai 4 anos en vésperas electorais. Con promesas de recalificacións tentan comprometer o voto dos veciños.
O documento que se expón é un avance dun Plan xeral, ao que lle espera unha tramitación superior a 4 anos, no que máis de 20 organismos teñen que informar e impoñerán unha serie de normas que se non se respectan non permitirán a aprobación definitiva do plan.
A primeira obriga para o Concello, a raíz da aprobación do avance, foi a suspensión de licenzas durante 2 anos. Polo tanto, xa só durante eses 2 anos non vai haber Plan, que será o prazo no que informarán as administracións. Posteriormente o Concello tería que aprobar o plan e remitilo á Xunta para a súa aprobación definitiva.
O engano, para que os veciños piquen, baséase nunha serie de planos que non serán os que se manden no seu día á Xunta para o trámite do Plan xeral. A historia repítese do mesmo xeito que hai 4 anos.
[/vc_column_text][vc_column_text]
As vías onde se produciron os derrubamentos dos muros seguen cortadas e con pésima sinalización, co conseguinte risco. Fai semanas nas que a veciñanza de Sigrás e Estorrentada esperan que o Concello remedie a situación.
Alternativa recibiu as protestas de veciñanza afectada nas visitas que está a realizar semanalmente polas parroquias e deu traslado inminente da situación ao Concello para intentar axilizar solucións para a situación para previr males maiores.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]