[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Cambre insiste na opacidade do Concello respecto ao peche do Complexo deportivo da Barcala
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
A instalación leva pechada meses sen que o Concello de explicacións á veciñanza, que continúa sen o servizo e sen coñecer o que está acontecer.
Alternativa demandou ao goberno municipal fai un mes que se tomaran medidas para informar á cidadanía sobre as causas do peche do ximnasio municipal da Barcala e a estimación para a súa apertura. Demanda que foi recollida e aceptada polo Concelleiro delegado en Deportes sen dar ningunha explicación sobre a situación.
Pero veciños e veciñas, nalgún caso usuarios da instalación, transmitiron a Alternativa que dende o Concello de Cambre a información que se está a dar é que a situación segue igual, que non se solucionaron os problemas e que non hai unha previsión para a apertura. Sen maiores explicacións.
A empresa confirma que presentou toda a documentación solicitada dende o Concello.
E descoñecese como está a afectar a situación ó persoal que traballa en dita instalación.
Polo tanto, Alternativa de Cambre demandou un informe técnico que aclare o que está acontecer e reiterou a petición de que se informe á veciñanza.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]