Alternativa de Cambre insiste na necesidade duns medios públicos ao servizo dos cidadáns
A situación sanitaria actual fai pon de manifesto a escaseza de espazos recreativos e naturais en Cambre. Para que os veciños e veciñas poidan gozar dos espazos públicos municipais, Alternativa leva meses esixindo melloras e un mellor mantemento das diferentes infraestruturas existentes, así como unha maior difusión súa situación.
O Goberno municipal non está a empregar as canles de difusión do concello (web, redes sociais,…) axeitadamente. Son moitos os veciños e veciñas que se queixan pola dificultade que se topan para acceder á información sobre as localizacións de pistas deportivas, parques infantís, centros socioculturais ou roteiros, así como polo lamentable estado de conservación que presentan en moitos casos.
Alternativa dos Veciños de Cambre considera que o Goberno municipal debe poñer en valor os servizos e instalacións públicas que temos no municipio. Ese debería ser o fin dos medios de comunicación do Concello, e non vender cada día fume de proxectos e ideas que nunca acaban de materializarse en realidades.