[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Cambre insiste na necesidade de reparar o parque infantil de Santa María de Vigo
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa xa demandou en febreiro un “lavado de cara” da instalación. Actualmente a instalación está aínda máis deteriorada.
Veciños e veciñas xa alertaron de que o parque ía sufrir as consecuencias do mal tempo, porque xa se atopaba deteriorado. “En febreiro era precisa unha limpeza de cara, pero agora tamén precisa reparacións. Os traballos de mantemento das instalacións municipais feitas en tempo son, á larga, un aforro de recursos”, apunta Raúl Varela, voceiro de Alternativa dos Veciños de Cambre.
Situación que se repite nos parques infantís do rural, que non todos están modernizados (o firme aínda de pedras ou cortiza) e nalgúns casos os mantementos son nulos dende hai anos.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]