Alternativa de Cambre insiste na eliminación do vertedoiro de vehículos pegado ao instituto David Buján

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Cambre insiste na eliminación do vertedoiro de vehículos pegado ao instituto David Buján

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

No pleno municipal Alternativa volveu recalcar a lamentable situación do vertedoiro de vehículos que non avanza para a súa eliminación. A concelleira segue sen resolver este grave atentado contra o medio ambiente e escusase nos trámites administrativos.

Alternativa leva catro meses denunciando esta situación. A nefasta xestión do goberno municipal supuxo que a Consellería de Medio Ambiente actuase acordando “iniciar actuacións previas para valorar o inicio dun procedemento sancionador” por presunta infracción en materia de residuos depositados.

Non se pode tolerar que unha finca municipal se este a empregar polo propio concello como vertedoiro, cando non existe unha licenza que permita empregala para este fin.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!