Alternativa volve insistir na limpeza das beirarrúas de O Freixo
Alternativa volve a insistir no mantemento da rúa O Freixo tras recibir queixas veciñais polo abandono na limpeza.
As beirarrúas da zona presentan verdello, e invadidas nalgúns puntos pola presencia de maleza. Súmase que a finca coas que lindan está a diferente nivel de altura e o cercado roto, quedando un desnivel que non garante a seguridade nesta zona diariamente transitada por peóns.
“A limpeza e mantementos das beirarrúas en todo o municipio sigue a ser unha das carencias deste goberno, que solo funcionan a base de denuncias”, afirma Raúl Varela Fraguío portavoz e concelleiro de Alternativa dos Veciños de Cambre.