Alternativa de Cambre esixe a reparación do aparcadoiro da Biblioteca Central

aparcamento-cambre

Alternativa de Cambre esixe a reparación do aparcadoiro da Biblioteca Central

O grupo municipal de Alernativa dos Veciños esixirá a reparación do firme do aparcadoiro existente ao carón da Biblioteca Central de Cambre e que da a rúa Pumar Méndez. O lugar convértese nunha lameira provocando inseguridade xa que esvara moito dende o último recheo de terra que se votou, provocando tamén unha maior sucidade, para as persoas usuarias de dito aparcadoiro.

No vindeiro pleno o grupo municipal de Alternativa dos Veciños levara dita demanda para a súa pronta reparación.

Novas relacionadas