Alternativa de Cambre esixe máis seguridade peonil na rúa Castellana

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Cambre esixe máis seguridade peonil na rúa Castellana

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Son varios os incidentes que teñen acontecido histórica e recentemente no paso de peóns situado na rúa Castellana, á altura do estanco O Cruceiro, con sustos a diario. Ademais actualmente é un dos dous accesos peonís dende o centro da vila para acceder á nova Biblioteca municipal de Cambre.

Este paso de peóns está exposto á alta velocidade á que circulan os vehículos que transitan pola vía, principalmente os que entran no centro da vila, pola pronunciada pendente da mesma. Ademais non conta coa iluminación precisa polas noites, tampouco con ampla visibilidade do lado da Biblioteca xa que hai un colector de papel.

Alternativa dos Veciños denuncia novamente esta situación que non foi solucionada dende a súa anterior demanda feita xa no mes de setembro do pasado ano ao Concello de Cambre, punto para o que a veciñanza leva pedindo solucións dende hai anos.

 [/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!