[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Cambre esixe explicacións para a veciñanza polo retraso da limpeza de maleza
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Un ano máis o municipio presenta as súas estradas, fincas e camiños sen rozar no mes de xullo. Dende o Concello escusáronse que se trata dun retraso coa contratación da empresa, no caso das estradas e fincas municipais. E no paseo fluvial pola presencia dunha especie de plantas.
Alternativa solicita que esa información se explique nos medios municipais á veciñanza, xa que son numerosas as persoas que levan semanas a sufrir esta mala xestión por parte do goberno municipal sen ningún tipo de explicación.
“A veciñanza non conta cos traballos de mantemento feitos no momento preciso, senón que con escusas pola nefasta xestión das rozas un ano máis,” afirma Raúl Varela, voceiro de Alternativa dos Veciños de Cambre.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]