Alternativa de Cambre esixe datas precisas sobre o PXOM
Nestes días o Goberno municipal anunciou avances para a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación de Cambre, sen concretar datas de ningún tipo. Alternativa reclama a concreción de datas para que a veciñanza afectada poida estar atenta ao prazo de alegacións.
Como sempre, a información desde o Concello chega a medias. Publicidade baleira de contido relevante para a veciñanza. Alternativa critica que a cidadanía cambresa leve desde a anterior lexislatura esperando polo prometido Plan Xeral que se vai retrasando no tempo con anuncios como o destes días, pero sen novidades no documento.