Alternativa esixe coñecer o convenio asinado con Profand

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa esixe coñecer o convenio asinado con Profand

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A nova anunciada de que o Concello asinou un convenio coa empresa Profand para incorporar 200 postos de emprego en Cambre enche de dúbidas e cuestións á veciñanza.

Non se sabe como vai ser e son moitas as preguntas da veciñanza: Vai facer a selección o Concello ? Esta empresa só vai contratar veciñanza empadroada en Cambre?

Alternativa esixe coñecer os pormenores para garantir que non se trate dun acordo que poida potenciar os “favoritismos” ou desigualdades para as persoas interesadas en acceder a estas vacantes de emprego.

“Resulta sinxelo a un ano das vindeiras eleccións municipais facer anuncios deste tipo, queremos saber en que consiste este acordo e si é unha realidade que se trata dun gran beneficio para a veciñanza cambresa ou publicidade preelectoral”, afirma Raúl Varela, voceiro de Alternativa de Cambre.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!