Alternativa de Cambre esixe coñecer os avances dados polo goberno municipal para impulsar o novo Depósito de Auga
A construción do Depósito de Sarro suporía un gran avance para o abastecemento de auga no Concello de Cambre.
Veciños e veciñas de diversas sofren habitualmente problemas co abastecemento de auga, en zonas tan poboadas como é o Temple.
Alternativa de Cambre xa trasladou a preocupación ante a parálise pola construción deste depósito. Motivo polo cal novamente demandará información ao goberno municipal sobre os novos pasos dados dende o Concello de Cambre para impulsar o avance deste tema.